Factoría de Resistencia presenta un directo cheo de enerxía e teatralidade, que navega no rock alternativo.
No 2023 presentaron o seu novo traballo Respirando…sempre!! E, ao igual que nos seus anteriores traballo, todas as súas creacións musicais caracterízanse por ter un ollo posto na realidade do país e o outro na creación artística do noso país veciño Portugal.
Os temas que, nun primeiro momento saen dos miolos de Josito Porto, pasan por un proceso creativo e colaborativo da banda, creando pezas de gran calidade e enerxía que se exhiben sen pudor nos seus directos.
Dentro deste universo musical creado por Factoría de Subsistencia, resulta inevitable que exista unha forte presenza teatral na procura da comuñón co público.
- Integrantes
- Josito Porto, Sabela Dacal, Rafa Otero, Adrián Ríos
- Xénero musical
- Rock, pop
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración
- 75 min.
- Localización
- Espazo interior ou exterior