Grandes estrelas do mundo da música cobran vida novamente neste espectáculo musical de marionetas, conducido e manipulado polo actor e titiriteiro Borxa Insua. Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix, Camarón de la Isla, un breakdancer sen papeis, o esquelete de Nina Hagen, Montserrat Caballé... son algunhas das figuras e das sorpresas que nos depara este pequeno kabaret.
Un presentador leva ás súas costas un cabaré ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da música... Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de divertir, involucrar ao público cunha espectáculo que animará tanto a pequenos como a maiores.
- Elenco:
- Títeres Alakrán
- Nome do espectáculo:
- Pekeno Kabaret de Tolos
- Modalidade artística:
- Teatro vivo, Marionetas de Fío, Música
- Público ao que vai dirixido:
- Infantil, xuvenil e familiar
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 45 minutos
- Localización:
- Espazo interior ou exterior