Ir á páxina
Charlatana

Peixe está canso de bailar ao son da súa familia, precisa marchar e moverse libre. Peixe valente é un espectáculo onde música, poesía, narración e movemento conflúen para acompañar a este peixiño río abaixo a perseguer o seu soño.

Con movemento corporal inspirado na narración, a prosodia e o carácter melódico da entoación natural do galego recitaremos, contaremos, cantaremos, xogaremos e co movemento natural e fluído como o do caudal do río.

Elenco
Sonsoles Penadique e Andrés Martínez
Modalidade artística
Música, narración oral, danza
Público ao que vai dirixido
Primeira infancia (0-3 anos)
Idioma
Galego
Duración
30 min.
Localización
Interior