Ir á páxina
Charlatana

Pan con chocolate, e fáisenos a boca auga. Pan con chocolate é moito máis ca unha presa de contos.

Retornamos ó sabor da merenda de sempre para acompañala de contos de onte, de hoxe e de mañá. En salgado e doce, traemos dúas historias para seguir, para contar xuntas e para levar na memoria polo mundo que habitemos na nosa saqueta dos contos particular.

Elenco:
María Iglesias e Carme Iglesias
Nome do espectáculo:
Pan con Chocolate
Modalidade artística:
Naración oral, Música ao vivo
Público ao que vai dirixido:
Todos os públicos
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
50 min.
Localización:
Espazo interior ou exterior