Duende Circo é a creación de Víctor Cantero, un ser dedicado a revolucionar e a sorprender, en calquera momento e lugar. Un artista multidisciplinar, apaixonado da vida!
Habilidades e fracasos para todos os públicos. Humor, malabares, música e maxia son algúns dos ingredientes deste explosivo cóctel.
Dende 2009 ata hoxe realiza diferentes espectáculos, unipersonais ou acompañado de outros artistas.
Traballa en diversos espazos e programacións culturais como festivais, escolas, salas, prazas...
- Elenco:
- Víctor Cantero
- Nome do espectáculo:
- Pallaso Total
- Modalidade artística:
- Clown, Malabares, Maxia, Música
- Público ao que vai dirixido:
- Infantil e familiar
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 60 minutos
- Localización:
- Espazo interior ou exterior