Ir á páxina
Charlatana

Avelino é un Terracultor. Pertence a unha sociedade de persoas que loitan pola vida no planeta Terra.

 Na súa casa, Avelino recupera árbores enfermas e maltratadas. Un bo día chega unha alieníxena con malas intencións. Alma é unha exploradora do planeta Trumpun, un mundo que está a piques de colapsar, e pretende amañar as cousas para que o exército do seu planeta extermine aos terrícolas. Os trumpianos queren invadir a Terra e converterse nos donos do noso planeta. Despois dun primeiro encontro difícil, os dous personaxes atopan un vínculo. Alma entende a misión de Avelino e muda no seu propósito. Fará todo o que está na súa man para evitar a invasión do exercito trumpiano, e será unha Terracultora.

 

Unha fábula ecolóxica onde a ciencia ficción se une coa realidade do noso planeta. Todo adobado con moita poesía, música, humor, amor a natureza e fe no consumo de proximidade e as actitudes responsables co lugar no que vivimos

Elenco:
María Méijome, Antón Ferrari
Nome do espectáculo:
Os terracultores
Modalidade artística:
Teatro, música ao vivo
Público ao que vai dirixido:
Todos os públicos
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
45 minutos
Localización:
Espazo interior ou exterior