Ir á páxina
Charlatana

Onde nace a lingua é unha proposta que mistura narración oral, xogos fonéticos, cantos, trabalinguas e explicacións filolóxicas co obxectivo de dotar de recursos e ferramentas para iniciar e asentar competencias lingüísticas en galego na infancia dunha maneira entretida e cercana

Onde nace a lingua xorde da colaboración entre unha narradora oral, Marta Ortiz, e un filólogo, Brais Gutiérrez.

Onde nace a lingua é un canto coral ao galego e á nosa cultural, un mosaico práctico de recursos vivos dos que nos dota a tradición oral. Adiviñas, trabalinguas e contos rimados, nos que xogaremos cos sons e fonemas. Contos acumulativos e encadeados, cos que sentiremos o ritmo dos versos e das sílabas. Cancións de mans e contos con lingua de signos, nos que afondaremos na xestualidade do noso corpo, dunha maneira divertida e participativa. E todo iso con toques de música, instrumentos e obxectos dos que se vale Marta Ortiz para darlle ritmo e frescura a esta proposta.

Elenco:
Marta Ortiz
Nome do espectáculo:
Onde nace a lingua
Modalidade artística:
Naración oral, teatro de obxetos,música
Público ao que vai dirixido:
Público infantil
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
45 min.
Localización:
Interior ou exterior