Títeres Alakrán presentou no Festival Internacional de Títeres Tradiciones TITIRIBERIA 2023 o seu espectáculo itinerante, "O xigante Barriga Verde".
Barriga Verde é a figura do títere tradicional da Galiza, o da barraca e a cachaporra, que aínda pervive nas lembranzas das nosas persoas maiores.
Títeres Alakrán da un paso máis na recuperación da súa figura, coa creación deste xigante que conta cun teatriño de monicreques integrado.
Barriga Verde percorre lugares e pobos, achegando lembranzas e diversión alá por onde vai.
- Elenco:
- Títeres Alakrán
- Nome do espectáculo:
- O xigante Barriga Verde
- Modalidade artística:
- Pasarrúas
- Público ao que vai dirixido:
- Familiar
- Idioma
- Galego
- Duración do espectáculo
- 90 minutos
- Localización
- Espazo exterior