Damosvos a benvida a unha nova aventura musical e contacontos con Pulpiño Viascón, o trobador viaxeiro que chega cargado de historias, risas e… sombreiros máxicos do bosque!
Neste concerto especial para crianzas, Pulpiño Viascón convida a toda a xente a mergullarse nun mundo fantasía onde cada sombreiro garda un segredo, unha melodía e unha historia por descubrir. Coñeceremos ao Pompasombreiro, o sombreiro das burbullas soñadoras; a Donfumarelo, a misteriosa casa-sombreiro do dragón De la Rosa, que vive entre as flores e os fumes de cores; a serra musical de Pulpiño e moitos máis personaxes que farán rir, cantar e imaxinar aos máis pequenos. Entre canción e conto, Pulpiño toca, canta, inventa e xoga coa maxia da música e as palabras, facendo que cada momento sexa único, participativo e cheo de emoción.
Un espectáculo para rir, cantar e deixar voar a imaxinación.
- Elenco:
- Marcos Aboal Vázquez
- Nome do espectáculo:
- O Sombreiro Máxico
- Modalidade artística:
- Música infantil
- Público ao que vai dirixido:
- Todos os públicos
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 50 min.
- Localización:
- Espazo exterior ou interior