Ir á páxina
Charlatana

O’ Clásico Fol

Boroa presentou O´ Clásico Fol no ano 2023.

Coa gaita como protagonista, Boroa constrúe un universo sonoro para iniciar unha viaxe musical alén do atlántico e adentrarse en diferentes harmonías que nos acheguen a xéneros musicais doutras latitudes como o "swing", o "jazz manouche" ou o "ragtime". A proposta de Boroa ofrece un directo variado onde se integran, ademais dos temas propios, interpretacións de música contemporánea, de clásicos de cine e repertorio tradicional doutras culturas como a rumana ou a irlandesa. Cunha sonoridade singular, produto do estilo persoal dos tres integrantes, e unha mestura de melodías dialogadas, ritmos variados, arranxos creativos e adaptacións de temas pouco comúns para a gaita, a banda ofrece unha posta en escena atractiva e potente, co divertimento e a posta en valor do idioma universal, a música, como obxectivo.

Unha innovadora proposta, baseada no folclore e a formación clásica da autora, que unha vez levada ao directo convértese nun espectáculo que combina pezas para o baile, e un potente fin de festa cunha escolma da música contemporánea galega.
 

Integrantes
Sabela Olivares, Alberto Millán e Suso Bello
Xénero musical
Folk, tradicional
Público ao que vai dirixido
Todos os públicos
Idioma
Galego
Duración
60 min.
Localización
Espazo interior ou exterior