Un chintófano, un trebello, un aparello.
Música, algún conto, moita diversión e un magnetófono con botóns máxicos.
Voltaremos a un pasado analóxico e máxico a través das músicas e experiencias atesouradas pola etnomusicóloga Dorothé Schubart. Coñeceremos a súa persoa, os seus libros e ás informantes que tiveron a ben transmitirlle o seu saber sobre a cultura tradicional galega. Pero tranquilas! Non deixaremos atrás nin á Manxoliña, nin á Vella da Botella, nin ao tío Mateu, nin á ave sutil a comer no perexil.
- Elenco:
- Sonsoles Penadique
- Nome do espectáculo:
- O chintófano de Dorothé
- Modalidade artística:
- Narración oral, Música ao vivo
- Público ao que vai dirixido:
- Infantil e familiar
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 50 minutos
- Localización:
- Espazo interior ou exterior