MUMAXICA S.L. (Mantemento de Umbrais Marcos Ancestrais Xanelas Interdimensionais e Covas Arcanas Suciedade Limitada) é un espectáculo de música infantil e humor para toda a familia!
Iseo a Moura preséntase como técnica desta peculiar empresa, encargada de manter os portais máxicos espallados polo país. Estes portais conectan o noso mundo co universo dos seres da mitoloxía galega. A súa misión é garantir que non supoñan perigo para a xente... pero a verdade é que é tan máxica como trapalleira, así que precisará da axuda do público para lidar con xigantes, nebueiras e outras criaturas incribles.
Con música orixinal, cancións con retrousos pegañentos, coreografías participativas e moita retranca, MUMAXICA S.L. achega a mitoloxía galega á cativada dun xeito fresco, visual e cheo de maxia sen saír deste mundo (ou iso intentaremos).
- Elenco
- Iseo Agilda
- Modalidade artística
- Música infantil, teatro
- Público ao que vai dirixido
- Infantil e familiar
- Idioma
- Galego
- Duración
- 50 min.
- Localización
- Espazo interior ou exterior