Ir á páxina
Charlatana

Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres. Todas feitas da mesma madeira. Todas vestidas de cores. Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre.

Contos  das  nosas  mulleres, historias de  vida que foron pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que, morrendo, se xunta coa seguinte.
A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan verbas e música para revivir estas historias.

 

Elenco:
Marta Ortiz e Sofía Espiñeira
Nome do espectáculo:
Matrioskas
Modalidade artística:
Narración oral, Canción de autora
Público ao que vai dirixido:
A partir de 14 anos
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
Espazo interior (consultar para exterior)