O soño de Mariña é ser patroa e durante sete días consecutivos adicaranse a superar as probas necesarias para acadalo.
Ao longo da historia coñeceremos a loita interna no proceso de acadar o seu obxectivo na vida: levar o seu propio timón. Un espectáculo interactivo que versa sobre a vida mariñeira e a aprendizaxe do oficio do mar, deste xeito o público asistente mergullaráse en cantigas mariñeiras, nas partes dunha embarcación, na xerga mariñeira, cartografía ...
Todo en clave de humor, música e forza das mulleres.
- Elenco:
- Cris Collazo, Sonia García, Sabela Galbán
- Nome do espectáculo:
- Mariñeiras
- Modalidade artística:
- artística teatro, narración oral, música
- Público ao que vai dirixido:
- infantil e familiar
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 45 min.
- Localización:
- Espazo interior ou exterior