Isolada é a chegada dunha pallasa a unha illa onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir.
Unha historia contada a través dela, do seu xeito de ver o mundo, dende a verdade e o xogo, dende a pureza do ser. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar no presente.
Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes; onde se fala da soidade, da ensoñación, das contradicións eternas do ser humano e da loucura. Unha illa onde a risa e a poesía son o fío entrelazador de historias e onde se volta á esencia do clown.
- Elenco:
- Natalia Outeiro "Pajarito"
- Nome do espectáculo:
- Isolada
- Modalidade artística:
- circo, malabares, humor, clown
- Público ao que vai dirixido:
- todas as idades
- Idioma:
- galego ou castelán
- Duración do espectáculo:
- 60 minutos
- Localización:
- espazo exterior e interior
- Premios
- Premio María Casares (2025)
- Premio Maruxa Villanueva (2025)