Sacha na Horta nace no 2008, logo de gañar o concurso “A polo ghit”. O premio foi unha viaxe á Habana para tocar na Feira do libro, unha experiencia simpática e estrafalaria que motivou a xuntanza dunhas cantas amigas para crear un repertorio e unha banda.
A partir de aí foise definindo un estilo propio, que demos por chamar “agro - punkcharanga”, no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan. Para Sacha na Horta a música é unha forma de expresión, un traballo, unha familia e unha forma de activismo social.
En 2014 sacan o seu segundo traballo “Horta Revolution”. Nos seus case 20 anos de traxectoria, a banda leva percorrido escenarios de todo o país, tocando en diferentes festivais como: Festival de Pardiñas, Festival Poesía no Condado, Festival Millo Verde, Antrospinos, Foliada de Melide e moitos máis.
- Integrantes
- Iseo Agilda, Brais das Hortas, María Iglesias, Alenya Espiñeira, Carmen Rico, Adrián Rei, Gilbert Eiche, Miguel Paz, María Prado
- Xénero musical
- Agro - punkcharanga
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración
- 75 min.
- Localización
- Interior ou exterior