Unha proposta diferente e moi participativa, chea de complicidade entre o mago e o seu público, que vivirá momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobre todo, inesquecibles. Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!!!
Seguindo a súa tónica de humor, O Mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas.
A maxia do Mago Paco caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi rechamantes que provocan unha dinámica constante sobre o escenario. Deste xeito, ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobre todo das cativas, xa que é un espectáculo pensado por e para elas. Poderán xogar, rir, brincar, actuar... formando parte activa do seu fantástico mundo, cheo de emocionantes aventuras.
- Elenco:
- Francisco Otero “O Mago Paco”
- Nome do espectáculo:
- Hocus Pocus
- Modalidade artística:
- maxia, humor e clown.
- Público ao que vai dirixido:
- infantil e familiar
- Idioma:
- galego
- Duración do espectáculo:
- 50 minutos
- Localización:
- espazo interior ou exterior