Gremio de Mareantes
Música tradicional en pequeno formato para escoitar e, sobre todo, bailar.
Gremio de Mareantes son Gustavo Couto, Oli Xiráldez e Julio Xesús León. Tres músicos con fondo percorrido na música do País que nos xuntamos para reelaborar o repertorio que herdamos das nosas nais e avoas, pezas recollidas as pandereiteiras e gaiteiros dende a Costa da Morte ás beiras da provincia de Zamora e dende o alto Minho Portugués até ás praias da Mariña luguesa. Música tradicional en pequeno formato para escoitar e, sobre todo, bailar.
- Nome do grupo
- Gremio de Mareantes
- Integrantes
- Gustavo Couto, Oli Xiráldez e Julio Xesús León
- Modalidade
- música ao vivo, música tradicional e popular
- Público ao que vai dirixido
- todas as idades
- Idioma
- galego
- Duración
- 60 minutos