Gael de Papel é o proxecto musical do cantautor português Gael Martins.
Música folk e tradicional con sons que miran cara á musica barroca e renacentista interpretadas coa guitarra, violonchelo e acordeón e cantadas en galego, portugués e castelán.
Os temas son, en case a súa totalidade, orixinais e falan das inquietudes que nacen de habitar un mundo onde conviven distintas formas de beleza e de inxustiza.
- Integrantes
- Gael Martíns
- Nome do espectáculo
- Gael de papel
- Modalidade artística
- Música ao vivo
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego, portugués e castelán
- Duración do espectáculo
- 60 minutos
- Localización
- Espazo exterior ou interior