Ir á páxina
Charlatana

O proxecto nace do poemario Feitas ao Sisel (premio de Poesía Erótica das Illas Sisargas) escrito por Diana Kurich, integrante tamén do proxecto.

O poemario fai un percorrido metafórico entre o baile tradicional e a sedución entre dúas mulleres. O poemario antes que escrito foi bailado nos torreiros que eran e son lugares de sedución masiva, e é por iso que cada poema leva o nome dun baile tradicional. 

Esta semente levou a seis mulleres de diferentes ámbitos artísticos a xuntarse para formular unha peza,  na que música tradicional e electrónica, baile tradicional e contemporáneo e a palabra recitada e cantada se mesturan sen perder a súa esencia, buscando así eses espazos comúns que nos permiten habitar dende todas as entidades que somos. 

De xeito transversal, esta peza intregra temas como o lesbianismo, as non monogamias, o ecoloxismo, a antigordofobia, o clasismo, o transfeminismo, o anticuerdismo, o decolonialimos e o antirracismo.

Elenco:
Loaira Lázare, Patricia Gamallo, Inés Mirás, Carme
Campo, Arantxa Alfaia, Diana Kurich
Nome do espectáculo:
Feitas ao sisel
Modalidade artística:
Performance, Música ao vivo, Danza, Poesía
Público ao que vai dirixido:
Todos os públicos
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
45 minutos
Localización:
Espazo interior ou exterior