Berlai é música galega rururbana, punk elegante, pop transgresivo, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite nos seus traballos: "Desconhecido", "Cas Berlai" ou o novo "Estampas Galegas".
No concerto de Berlai desfrutarás da calidade dos seus músicos nun espectáculo cargado de ironía, retranca e bo humor. Música directa e chea paixón. Mesturando realismo cru e obsceno co lirismo máis refinado cando é necesario.
Moitas das cancións son precedidas de pequenas historias, reflexións ou experiencias reais cargadas de sorna e franqueza a partes iguais.
Concertos onde a música dialoga coa ilustración convertendo o seu directo nunha experiencia única, ou concertos onde o canto á vida cotiá nos axuda a desconfinar o espírito, ou concertos onde a mestura de temas enche de forza o espectáculo musical.
- Integrantes
- Xiao Berlai, Iago Mourinho, Pablo Pérez, Bruno Couceiro
- Xénero musical
- Indie rururbano, rock, do jazz, indie-pop
- Público ao que vai dirixido
- Todos os públicos
- Idioma
- Galego
- Duración
- 75 min.
- Localización
- Interior ou exterior