Ir á páxina
Charlatana

Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é "unha vida tecnolóxica é unha vida ordenada". A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará á toda a familia co mundo real, un mundo que xa lle era totalmente alleo.

Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas, e pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: co entorno, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas. Chegou á hora de redescubrir a vida real, a analóxica e natural: de establecer unha conexión romántica co noso entorno, coas persoas que temos preto e coas nosas tradicións. Seguro que queres desconectarte!

Elenco
Borja Insua e Alba Grande
Modalidade artística
Teatro, monicreques de mesa
Público ao que vai dirixido
a partir de 5 anos
Idioma
Galego
Duración
45 min.
Localización
Espazo interior