Ir á páxina
Charlatana

En “Contos... entre cordas”, recorremos un mesmo camiño en busca dun lugar común entre as nosas dúas formas de expresión.

Entre a palabra e a música ideamos a maneira de achegar a arpa e o seu repertorio a lugares onde non adoita escoitarse. A música clásica faise máis próxima atravesada polos contos que traemos.
Mostrarémosche o vínculo entre as rosquillas e a música romántica, entre a tradición oral galega e o repertorio da arpa clásica, entre os contos e as cordas.

Elenco
María Iglesias “María da Pontragha” e Bleuenn Le Friec
Modalidade artística
Narración oral, música ao vivo
Público ao que vai dirixido
Xuvenil e adultos
Idioma
Galego
Duración
50 min.
Localización
Espazo interior ou exterior