Brais das Hortas ten un plan: armar a festa. Pero non o pode facer só. Precisa unha Comisión de Festas.
Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa Comisión de Festas.
A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa.
E aínda hai máis!
Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un arriscado selfie ao lado dun pastor eléctrico que acaba cun Calambrasso no braso, un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo...
Disto vai Comisión de Festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.
- Elenco:
- Brais das Hortas
- Nome do espectáculo:
- Comisión de festas
- Modalidade artística:
- música infantil, teatro
- Público ao que vai dirixido:
- infantil e familiar
- Idioma:
- galego
- Duración do espectáculo:
- 60 minutos
- Localización:
- espazo exterior ou interior