Xa está aquí o novo circo de monicreques! O Circo Galaico é un espectáculo de variedades conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo.
Un circo único onde a maxia e o fantástico se mesturan coa natureza, na que os artistas non son outros que animais salvaxes da nosa fauna:
- FORZUDO XABARÍN: Xoaquín ten unha gran calidade que o diferencia do resto dos xabarís: a súa incrible forza.
- CORVO EQUILIBRISTA: Con todas vós o acróbata, funambulista e equilibrista corvo pinto! Será quen Corvus de chegar ó outro lado da pista?
- PALLASO ROLÍN: No Circo Galaico non pode faltar o número do clásico pallaso, pero Rolín non é un pallaso convencional... Que animal se agocha tras el?
- CABRA STAR: A estrela do Circo Galaico é a cabra Ribelina, capaz de impensables saltos que deixarán ó público coa boca aberta.
- Elenco
- Títeres Alakrán
- Modalidade artística
- Teatro, monicreques de fío
- Público ao que vai dirixido
- Xuvenil e adultos
- Idioma
- Galego
- Duración
- 40 min.
- Localización
- Espazo interior ou exterior