Ir á páxina
Charlatana

Jack Johnson & John Jackson únense para presentar un espectáculo único e irrepetible, onde deixarán ao público abraiado e escachando coa risa coas súas rutinas de novo circo.

Jack Johnson e John Jackson crean unha atmosfera de maxia e surrealismo, na que o público será partícipe e parte fundamental do espectáculo. 
A súa Cápsula do Tempo e o público serán o nexo de unión entre os distintos números que conforman o espectáculo, creando así unha enerxía única que John e Jack empregarán para darlle forza e sentido ao seu show, e deixando claro que.... Onde non chega a maxia, chega a actitude!

Elenco:
David Varona e Jonathan Valencia
Nome do espectáculo:
Cápsula do tempo
Modalidade artística:
humor, clown, malabares
Público ao que vai dirixido:
todas as idades
Idioma:
galego
Duración do espectáculo:
50 minutos
Localización:
espazo interior ou exterior