Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto. Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.
Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e das palabras. Canta, Buguina, canta! é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesía, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.
- Elenco
- Marta Ortiz
- Modalidade artística
- Naración oral, teatro de obxetos, música
- Público ao que vai dirixido
- Primeira infancia (0-6)
- Idioma
- Galego
- Duración
- 40 min.
- Localización
- Espazo interior ou exterior