Carapaus bota a andar a presentación do seu terceiro traballo discográfico: "Camiño da vida tola".
Camiño da vida tola pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular.
- Nome do grupo
- Carapaus
- Integrantes
- Pablo Fernández, Gustavo Couto, Oli Xiráldez, Iago Camaño, Cristina Cotilla, Andrea Cabanas.
- Modalidade artística:
- Música tradicional ao vivo
- Público ao que vai dirixido:
- Todos os públicos
- Idioma:
- Galego
- Duración do espectáculo:
- 70 minutos
- Localización:
- Espazo exterior ou interior