Preguntábanlle as mulleres cando pousaba a gravadora sobre a mesa das dúas cociñas. -Café, Dorothé? Preguntábase nas longas horas de poñer por escrito as cancións que lle cantaran. -E vós, queredes café? Imos cantar, bailar e xogar esas lindas cancións que con tanto agarimo deixou Dorothé Schubarth escritas nos seus libros.
Con café, con Antón Santamarina e con moita paciencia e traballo Dorothé logrou realizar esta obra que a día de hoxe segue a ser considerada o máis amplo repertorio da musical popular de tradición oral galega. Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presentan este espectáculo para público familiar con versións moi persoais das melodías do cancioneiro. Unha sesión para escoitar, facer e vivir a música en familia e achegarse a estes libros que compoñen máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.
- Elenco:
- Sonsoles Penadique, Virxilio Silva, e Xandre Outeiro
- Nome do espectáculo:
- Café, Dorothé?
- Modalidade artística:
- música ao vivo
- Público ao que vai dirixido:
- infantil e familiar
- Idioma:
- galego
- Duración do espectáculo:
- 60 minutos
- Localización:
- espazo exterior ou interior