Ir á páxina
Charlatana

Blues do País e Sindicato da Verbena

Os concertos de Blues do País son apoteóticos e imprevisibles, cheos de enerxía e retranca. Pero aínda hai máis: Blues do País... con banda! A banda chámase o Sindicato da Verbena.

Tres sindicalistas acompáñannos: Manu Alonso no baixo (Trioceros, Mercedes Peón), Martiño Mato no saxo (Tres Trebóns, Magnifique Bande dos Homes sen Medo, A Máquina de Mallar...) e Gustavo Agassi (Sacha na Horta, Festicultores Troupe, Brinkadelia).

Se alguén se preguntaba se un dúo coma Blues do País quedaba curto para escenarios máis grandes, aquí está a resposta: Blues do País e o Sindicato da Verbena! Toda a enerxía de Blues do País multiplicada por cinco e elevada a onde a Diva nos queira levar.

Integrantes
Iseo Agilda, Brais das Hortas, Martiño Mato Manuel Alonso e Gustavo Agassi
Xénero musical
Blues
Público ao que vai dirixido
Todos os públicos
Idioma
Galego
Duración
60 min.
Localización
Espazo interior ou exterior