ALONE entra na súa casa e, ao fin, lógrao: está SOA!
É a raíña máis espelida e guapa da casa. Si! Porque ela está SOA! Así comeza esta historia: estados anímicos que van do pracer á desesperación, que se alteran a partir dunha constante multitude de gags, problemas e historias pasadas que a atravesan con cada unha das situacións que aparecen nesta casa que se imaxina e constrúe ALONE.
A soidade, a competencia, o orgullo e o perdón son algúns dos desafíos aos que se enfrontará esta pallasa, ao igual que cadaquén o fai no seu día día.
- Elenco:
- Mai Clown
- Nome do espectáculo:
- Alone
- Modalidade artística:
- circo, aéreos, humor, clown
- Público ao que vai dirixido:
- todos os públicos
- Idioma:
- castelán
- Duración do espectáculo:
- 50 minutos
- Localización:
- espazo interior ou exterior