Ir á páxina
Charlatana

Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos achéganos ao peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo.

Pajarito interactúa co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.
Pajarito é a número un, e a número dous tamén.... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!!

Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena remata libre coma o vento e con moitas ganas de... "coñecer mundo". Risos garantidos.
 

Elenco:
Natalia Outeiro "Pajarito"
Nome do espectáculo:
A vida tola
Modalidade artística:
circo, malabares, humor, clow
Público ao que vai dirixido:
todos os públicos
Idioma:
galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
espazo interior ou exterior
Premios
Premio María Casares (2025)
Premio Maruxa Villanueva (2025)