Ir á páxina
Charlatana

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué, e moitas outras cousas! E, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!

No galiñeiro no que vive a pita Coro hai unha gran consigna, a do amor e señor Don Quiríaco: "Os galos mandan e as galiñas apandan". Mais Coro ten moi claro que ela non quere ser unha galiña poñedora, ela o que quere é organizar o traballo do galiñeiro, como o fai o galo Quiríaco. Despois de convencer ao resto das galiñas de que elas tamén poden mandar, as poñedoras trazarán un plan contra o Sr. Quiríaco e axudarán a Coro a liderar o galiñeiro.  

Con guión de Marta Lado, "A Pita Xefa" aborda o tema da igualdade cunha historia divertida e reivindicativa, criticando os roles de xénero e os estereotipos. E o fai animando a romper os esquemas sexistas dominantes, dun xeito lúdico e poñendo de manifesto a utilidade da unión.

Elenco:
Títeres Alakrán
Nome do espectáculo:
A pita xefa
Modalidade artística:
Teatro vivo, títeres.
Público ao que vai dirixido:
Infantil e familiar
Idioma:
Galego
Duración do espectáculo:
40 minutos
Localización:
Espazo interior ou exterior