Ir á páxina
Charlatana

A Landra viaxeira e o amigo Lambón

Neste espectáculo musical, coñeceremos a historia de Landra, e a súa viaxe por Galicia, acompañada do seu amigo Lambón. As cancións, interpretadas por Sabela Olivares e Suso Bello, darán a coñecer esta aventura para facer bailar e rir a nenas e nenos e maiores!

Cunha folla de carballo que se transforma en camión, nun barquiño, nun paraguas, se precisan dun avión, Landra e Lambón coñecerán a Picapeixe e Picapaus, o punki Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot que é unha tarteira vella e Lara, a píllara espacial.
Respectar a natureza, viaxar por vilas e cidades, xogar co ritmo da música, aprender lingua de signos e cantar e bailar sen acougo, son parte das propostas que pon en valor este concerto para o divertimento das crianzas! 

Elenco
Suso Bello e Sabela Olivares
Modalidade artística
Música infantil
Público ao que vai dirixido
Infantil e familiar
Idioma
Galego
Duración
45 min.
Localización
Espazo interior ou exterior