Ir á páxina
Charlatana

A ESTRADA é unha road movie cunha pallasa ao volante.

Pajarito está perdida, ten que fuxir do punto no que está, ainda que non saiba a onde. Polo camiño non fará máis que dar voltas atravesando cidades, desertos e rotondas, moitas rotondas. Unha persecución, unha viaxe trepidante chea de maxia e gags, na que fai falla perderse para volver a atoparse.

A ESTRADA é novo espectáculo de clown de Natalia Outeiro "Pajarito", unha travesía por un territorio imaxinario, onde os referentes cinematográficos e musicais dos noventa, a conexión emocional co público, o clown, a nostalxia e o humor, servirán de mapas.

Elenco:
Natalia Outeiro "Pajarito"
Nome do espectáculo:
A Estrada
Modalidade artística:
circo, malabares, humor, clown
Público ao que vai dirixido:
todos os públicos
Idioma:
galego
Duración do espectáculo:
60 minutos
Localización:
espazo interior ou exterior