Neste espectáculo Peter Punk crea un conxunto de rutinas que confirma a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso.
Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo, a destreza dunha voluntaria con tres aros e un baleirador de ideas.
E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que... algún incauto resulte totalmente mollado e coa cara cuberta de torta. Todo isto para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.
- Elenco
- Isaac Rodríguez "Peter Punk"
- Modalidade artística
- Circo, malabares, humor, clown
- Público ao que vai dirixido
- Infantil e familiar
- Idioma
- Galego
- Duración
- 60 min.
- Localización
- Espazo interior ou exterior
- Premios
- Premio do público Festiclown 2013. Rivas Vaciamadrid