Ir á páxina
Charlatana

Títeres Alakrán

Títeres Alakrán nace no ano 2003 como proxecto persoal de Borxa Insua, logo de iniciarse como actor-titiriteiro con diferentes compañías profesionais galegas.

A formación artística como escultor inflúe directamente nas propostas plásticas da compañía, xa que emprega case sempre a madeira na confección dos monicreques. Dende 2003 leva producidos 10 espectáculos nos que emprega diversas técnicas que levan á compañía a asentarse solidamente no panorama galego, así como a participar regularmente en Festivais internacionais de títeres en territorio español e latinoamericano.
 

Espectáculos en cartel