Sonsoles Penadique
Sonsoles Penadique é Licenciada en Historia da Arte e da Música, Diplomada en Educación Musical, e Posgrao de Música Tradicional Galega. Liderou, como cantante, o grupo Azul de Bueu, foi membro do trío Xonxas, e dende 2017 é a metade da compañía Rilo&Penadique, coa que, ademais de coa súa compañía universoal e co grupo de música Café Dorothé, xira por toda Galicia.