O Mago Noel
Noel Fandiño, o Mago Noel, descubre a maxia con 11 anos. Un tempo despois comeza a facer as súas primeiras actuacións.
Realiza diversos cursos de formación nas artes escénicas: mimo, teatro, improvisación, clown… En 2014 entra en contacto con Circo Nove, a escola de novo circo, onde comeza a súa formación en diversas disciplinas circenses: malabares, portes acrobáticos e clown. Posteriormente crea un espectáculo de teatro de rúa onde se mesturan maxia, acrobacia, danza, monicreques e malabares. Agora, 15 anos despois, o Mago Noel, continúa a traballar para ilusionar as cativas e sorprender as maiores.