Marta Ortiz e Sofía Espiñeira
Marta Ortiz é narradora oral, e creadora de espectáculos cunha ampla traxectoria tanto coa súa compañía unipersoal Marta Ortiz, coma con outros artistas, coma Brais das Hortas, co que fundou a compañía Tropa de Trapo. Sofía Espiñeira percorre os eidos do teatro, a danza, o circo e a música. É integrante da compañía Teatro Ó Cubo. No 2015 gaña o II Certame de Canción de Autor en Galego (Teo) e no 2022 o Premio Martín Códax da Música.