Ir á páxina
Charlatana

Marta Ortiz

Narradora oral dende 2007, conta historias para públicos de todas as idades. A súa ferramenta principal é a voz e o corpo, aínda que adoita enriquecer os seus relatos coa música e a manipulación de obxectos.

Mestra de Primaria especializada en literatura infantil e realización de espectáculos, conta cunha ampla formación en narración oral, voz, teatro social e de obxectos. Ao longo da súa traxectoria, deseñou e organizou múltiples actividades de animación á lectura e fomento da oralidade.

No ano 2007 fundou, xunto a Brais das Hortas, a compañía Tropa de Trapo, coa que creou numerosos espectáculos de narración con música en directo e teatro infantil.

Nos últimos anos, centrou o seu traballo na primeira infancia con espectáculos de narración oral e teatro de obxectos, entre os que destacan pezas como Tralará e Onde nace a lingua. As súas propostas son un convite a descubrir a literatura a través dos sentidos, cultivando a palabra, a poesía do pequeno e o asombro.

Forma parte da Asociación de Narración Oral Galega, NOGA.

Espectáculos en cartel

Axenda