María da Pontragha e Bleuenn Le Friec
María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade. Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Formada en arpa celta e clásica, e é con este instrumento que desenvolve hoxe a súa vida musical (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta del Gran Teatre del Liceu...) como na música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Xoan Curiel…).