Ir á páxina
Charlatana

Mallou

Mallou son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez e nace como a consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega.

Sabela e Benxamín achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades.

A viaxe transcorre por cancións e poemas, pola reinterpretación do “Adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía de Castro, na voz de Amancio Prada, do “Negra Sombra” de Xoán Montes Capón, do “Volvín á terra pero perdín o amor” de Suso Vaamonde  e  “Bos amores” do propio Fran Pérez “Narf”, entre outras. 

Mallou é unha paisaxe sonora, con fortes raíces na tradición, ensambladas con diversas infuenzas musicais, onde se crean alianzas estilísticas e entre xéneros musicais. 

Sabela e Benxamín trenzan as súas traxectorias e sensibilidades musicais,  e dan forma a un proxecto sutil e intenso, contido e enérxico, íntimo e sólido. Unha maneira de entender a música, onde as cancións latexan por si soas.

Mallou é tamén a homenaxe ao gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela, de quen toman o nome.

Espectáculos en cartel