Ir á páxina
Charlatana

Jack Johnson & 
John Jackson

Dúo formado por David Varona (Jack Johnson) e Jonatham Valencia (John Jackson),

David Varona iniciou a súa traxectoria artística formando parte da Asociación de malabaristas y artistas de circo de Vigo Malandraxe. Seguiu formándose con artistas relacionados coas artes circenses como Ville Walo, Stefan Sing, Luis Toto, Gorka Ganso, Guillaume Martinet, Sena Gandini… o que lle permitiu facerse cun enfoque propio de distintas disciplinas artísticas e malabaristas. Creo con Santiago Montero a compañía de novo circo galego Circo Escarranchado, participando en varias galas e presentacións de carabés circenses. Membro da compañía Da Ridere Troup. Actualmente, traballa para distintas empresas de animación.
Jonatham Valencia iniciou a súa traxectoria artística no mundo da música, descubrindo máis adiante o circo e os malabares, formou parte de Malandraxe. Membro fundador, xunto con Angélica Riego, da Compañía Telepatéticos, Da Ridere Troup e de Los Makinolas, con Marcos Benjarano (Circoincidencia). Creador, director, coordinador e presentador de multitude de espectáculos, convidando nos seus shows a artista do mundo do circo galegos, nacionais e internacionais. Suma máis de 20 anos de experiencia como especialista en distintas empresas de animación.

Espectáculos en cartel