Gael Martins
Gael Martins naceu no sur de Portugal, estudou o grado medio de violonchelo e viola de gamba no Conservatorio de Música de Lisboa e o grado superior (Pré-Spécialisation e DEM) no Conservatoire à Rayonnement Régional de Boulogne-Billancourt en París.
Formouse tamén en composición e artes escénicas e performativas. Ganou no 2021 o concurso Queerfest Lisboa que lle permitiu grabar o albúm Anormalis. Tocou anteriormente co grupo Cometa Olímpico, co cal grabou un primeiro disco orixinal no 2017. Actuou ademais como manipulador de títeres e en teatro de obxectos, así como de contacontos, sempre cun enfoque volcado cara á diversidade lgtbi+ e outras formas de loita social.