Ir á páxina
Charlatana

Carapaus

Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010, integrado por Pablo Fernández, gaiteiro da Aldán, mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, membro de Chouteira e colaborador de Malvela, entre outros; Gustavo Couto (voz e tambor), mestre de baile tradicional e coautor do libro Bailabén (Edicións do Cumio, 2010); Iago Camaño (acordeón), graduado en acordeón polo Conservatorio de Música de Pontevedra, Cristina Cotilla (bombo e voz), formada na escola do OCT Ultreia e en percusión clásica no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, e Andrea Cabanas (voz e percusión) formada vocalmente no OCT Ultreia.

Carapaus bota a andar a presentación do seu terceiro traballo discográfico. Camiño da Vida Tola pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular.  
 

Espectáculos en cartel