Ir á páxina
Charlatana

Boroa

Proxecto musical liderado por Sabela Olivares, Alberto Millán e Suso Bello.

Sabela Olivares. Licenciada en Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, e diplomada en piano.

Dende os 19 anos dedicase á docencia en Conservatorios e Asociacións por toda Galicia.

Como intérprete e bailarina formou parte bandas de gaitas como A Companhia do Ruído, Charamuscas ou Xarabal, así cono nas charangas Os Jalochos e Oito nun piso,  e grupos de Folclore como Andarela ou Traspés.

Alberto Millán. Baixo e Frauta travesa. Comeza a súa educación musical no ano 1983 a bordo da Escola de Gaita e percusión de Ribeira, onde dous anos máis tarde se formará a Banda de Gaitas Ancoradoiro, na que permanece ata o ano 2000.

Durante todos estes anos compaxina o ensino e a súa formación académica (clases de canto e pandeireta, solfexo, composición e harmonización de gaita, percusión tradicional galega, baixo eléctrico e frauta travesa), coa formación de diferentes cuartetos tradicionais e agrupacións folk e rock coma O foiro, Os Caralludos, Bastantes LLon, Chacarita,s Band, A Companhia do Ruído, Os Chiquilicuatres e Os Monifates.

Suso Bello. Guitarra, percusión e voz. Formado principalmente na rúa adicase á música dende o 1990, ano no que bota a andar, xunto aos seus compañeiros de batalla, os grupos de punk Hepatitis e Bastantes LLon.

Dende o ano 2002 dálle forma a distintos proxectos como A Companhia do Ruído,  Os Chiquilicuatres, e as charangas “Oito nun piso” e Os Jalochos.

Espectáculos en cartel