Ir á páxina
Charlatana

Antuán de la Cream

Malabarista especializado en spining con pelotas e equilibrio de obxectos. Clown e improvisador teatral.

Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control...

A naturalidade e o salero desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada.

Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.

Antuán de la Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindíbel e tremendamente fresco." - María von Touceda

Espectáculos en cartel