Ir á páxina
Charlatana

Mariñeiras

Somos nós. O mar que fica, sobe e baixa, enchoupa a area, o mar rabudo e bravo, o mar calmo e morno. Quixemos brincar con el pra reivindicar a nosa forza, a forza da muller. Xurdiu coa ilusión de traballar xuntas e, A Cova das Letras, compañía teatral das terras do Deza, acolleu a montaxe deste espectáculo, que continúa a liña das anteriores pezas: a clave feminina e a temática rural, neste caso da costa. Atamos nós ben fortes pra emprender unha longa viaxe, surcando mares, vento en vela, a toda popa.

Espectáculos en cartel